Viveiro Bike Xtreme
Distancia: 59,6 km
Desnivel positivo: 2.504 m
Pódese facer en bici.
Viveiro Bike Xtreme é unha proba deportiva organizada anualmente pola Peña Lar que transcorre subindo diferentes cumios de Viveiro como o da Silvarosa, Monte Castelo e Penedo do Galo, de alta exixencia tanto física como técnica. Está sinalizada pola propia Peña Lar de forma permanente polo seu transcurso e con diferentes cores dependendo do tramo.
Tamén tes á túa disposición esta ruta dividida por tramos:
Silvarosa 15 km +713m
Monte Castelo 17 km +793m
Penedo do Galo 27 km +943m