Descubre as nosas fermosas paisaxes con estes roteiros por todo Viveiro.

Un concello cunha contorna envidiábel que non se está dando a coñecer.

Elixe a distancia da ruta

A web de Viveiro en ruta, foi posta en marcha polo BNG de Viveiro ante a gran demanda veciñal e a ausencia de políticas locais neste eido co obxectivo de facilitar rutinas e hábitos saudábeis, así como de dar a coñecer a nosa envidiábel contorna natural.

Viveiro en ruta nace coa pretensión de ser un proxecto participativo que se nutra da colaboración veciñal, polo que se queres contribuír co proxecto partillando a túa ruta, fáinola chegar enviando un correo electrónico a viveiro@bng.gal