Seguemento das rutas
Non sabes como facer para seguir as rutas? Non te preocupes, axudámosche!
Na foto: Míriam Bermúdez, concelleira do BNG de Viveiro.
Para seguir as rutas podes facelo con multitude de dispositivos como smartphones, reloxos, navegadores gps específicos... Mais nós vamos centrarnos no máis básico e o que hoxe en día todas temos, un smartphone.
Comezamos. En todas as rutas da nosa web atoparás a seguinte imaxe:
Premendo nelas, poderás descargar os arquivos .gpx das rutas. Estos ficheiros son os que conteñen os datos GPS necesarios para poder seguilas.
A continuación necesitarás unha aplicación para o smartphone que permita abrir e visualizar estes arquivos GPX. Existen multitude delas, nós actualmente estamos a recomentar "GPX Viewer", por sinxeleza e gratuidade, pero ti descarga a que queiras.
Coa aplicación instalada e co GPX descargado, tan só terás que abrir este arquivo coa aplicación e seguir a ruta!
Agardamos que fose da túa utilidade, se tes suxerencias e/ou sabes doutras aplicacións mellores para o seguemento dos GPX, fáinolas chegar enviando un correo a viveiro@bng.gal
Lembra que os montes teñen propietarias e os sitios polos que transcorren moitas das rutas son privados, montes veciñais, titularidade das administracións públicas, concesións a empresas... Respecta os sitios polos que transcorres deixándoos mellor do que estaban.